Caldas anuncia que a súa auga non é potable

    CALDAS > O concello de Caldas comunicou ós veciños do municipio que a auga das casas non é potable. A través de bandos e avisos ós medios de comunicación advertiuse á cidadanía de que a auga non se pode beber nin usar para lavar alimentos aínda que si se pode usar para a hixiene persoal.

    augacaldas2_200_180906.jpgAs análises periódicas realizadas sobre a auga de Caldas determinan que a que sae das billas non se pode beber. Así o fixo saber o concello de Caldas ós veciños a través de bandos e anuncios nos medios. O problema non está directamente relacionado co vertido da empresa química de Brentagg de fai quince días se ben é certo que a cantidade de auga que leva o río é menor e que o proceso de potabilización supuxo un incremento de cloriformes.

    En calquera caso non se trata dun problema novo. Os veciños aseguran que vén de atrás, que a auga das billas sae escura e queren solucións que non pasen por teren que consumir auga embotellada. Do problema prexudícanse os veciños pero tamén os hostaleiros para os que o uso da auga é imprescindible. Aínda así, as elevadas temperaturas ás que se somete a auga para facer cafés e infusións non fan temer aínda que descenda o consumo. Se ben non hai datas concretas o concello prevé que, tras intensificar o proceso de potabilización a auga poida volver ser consumida nuns días.

    Redacción Salnés