O BNG esixe maior compromiso da Xunta para ‘salvar’ a planta de compostaxe de Lousame

LOUSAME> Para o BNG a Mancomunidade Serra do Barbanza foi un referente a nivel galego e estatal na xestión de residuos na súa planta de reciclaxe de Servia, máis nunca tivo o respaldo dos gobernos do PP na Xunta, máis interesados en reforzar o modelo de Sogama.

A día de hoxe a planta de compostaxe de Lousame ten un futuro incerto posto que a infraestrutura quedou obsoleta e precisa investimentos para adaptarse á nova normativa en materia de xestión de residuos.

É por isto que o BNG esixe o compromiso da Xunta de Galicia para modernizar a planta e planificar o seu futuro avaliando os novos usos que podería ter.

Deste xeito, garantiríase a estabilidade dos máis de 130 empregados con que conta.

Dende o BNG levan anos advertido da necesidade de acometer cambios na planta solicitando a redacción dos novos pregos de licitación antes de que caducase a concesión.

Non foi así, en detrimento dun modelo de reciclaxe descentralizado, de proximidade e sostible que os nacionalistas seguirán a defender.