‘SOS contra o lume’ congrega a 25 mil manifestantes en Santiago

    SANTIAGO > A plataforma ‘SOS contra o lume’ saíu ás rúas de Santiago de Compostela para manifestarse contra a xestión da Xunta dos incendios que arrasaron os montes galegos durante o mes de agosto. Os principais dirixentes do Partido Popular en Galicia sumáronse a esta concentración que reuniu, segundo os datos oficiais, a unhas 25 mil persoas.

    Ás doce do mediodía do domingo saía a manifestación convocada pola plataforma SOS contra o lume baixo o lema Cando Galicia arde non hai que ser covardes: investigación e indemnizacións’. Miles de persoas percorreron as estradas da zona vella compostelá coreando insignias contra a xestión da Xunta na catástrofe dos lumes que arrasaron Galicia no mes de agosto. Numerosos representantes do Partido Popular como a secretaria executiva de Política Social do Partido Popular, Ana Pastor; o presidente do PPdeG, Núñez Feijoo; ou o secretario xeral, Alfonso Rueda, entre outros. A medida que se ían concentrando ante a catedral, a Praza do Obradoiro íase quedando pequena para acoller ós manifestantes.

    Entre eles o presidente dos populares, Mariano Rajoy, cercado por numerosos simpatizantes. Durante o acto víronse numerosos rostros coñecidos da política local do PP. Entre eles o presidente da plataforma, o alcalde de Barro, José Antonio Landín. Tras gardar un minuto de silencio polos falecidos durante a vaga de incendios, algúns familiares quixeron protestar contra a xestión dunha catástrofe que, ó seu xuízo se puidera ter evitado.

    Algúns brigadistas uníronse ás protestas para pedir responsabilidades e lamentar o ocorrido. A proxección dun vídeo elaborado para a ocasión pola plataforma sobre o seu particular punto de vista do que foi a xestión dos incendios arrancou berridos contra os gobernantes que ían aparecendo. Dende SOS contra o lume foron duros criticando ó bipartito e loubaron a intervención dos propios particulares.

    Redacción Salnés