![]()
SALNÉS> Na comunidade galega o número de parados rexistrados descendeu en 2.931 persoas con respecto ó mes de xullo.
{flowplayer}images/salnes/ParoAgosto_040912.flv{/flowplayer}
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social deu a coñecer hoxe os datos do paro relativos ó mes de agosto. Se ben a nivel nacional o número de desempregados con respecto a xullo aumentou nun 0,83% en Galicia, o paro baixou máis dun 1%. Unha boa nova que dende o goberno prefiren acollela con cautela.
A rúa tampouco é demasiado optimista cos datos do paro. A xente opina que se o paro baixou en Galicia foi grazas á temporada estival e á creación de emprego no sector sevicios. En termos xerais, a situación sigue a ser moi complicada.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servicios públicos de emprego alcanzou ás 257.267 persoas en Galicia, no mes de agosto, o que supón unha reducción de 2.931 empregados respecto ó mes anterior e o maior descenso do Estado español, cun 1,13%. Sen embargo, con respecto a agosto de 2011 incrementouse nun 14,55%. Por provincias, en Pontevedra a baixada foi de 0,95%, hai 973 persoas menos desempregadas. Na Coruña a caída é dun 0,69%, con 710 parados menos.
A nivel nacional o paro incrementouse en 38.179 persoas, chegando ata os 4.625.634. Por sectores o paro aumenta unicamente na agricultura mentres que o maior descenso rexístrao o colectivo sen emprego anterior.
Redacción Salnés







