VILAGARCIA> A asociación de comerciantes zona aberta de Vilagarcía sorteará 600 euros en vales regalo na campaña do día do pai. Os interesados deberán facer as súas compras nos establecementos da vila ata o 19 de marzo. Os comerciantes agarda que a campaña xunto coa liberdade de mobilidade incentive as compras.
A asociación de comerciantes zona aberta de Vilagarcía presentou a súa nova campaña polo día do Pai. Nesta ocasión, a agrupación sorteará 600 euros en vales regalo. Os clientes deberán facer as súas compras nos establecementos da vila.
O sorteo terá lugar o día 23 na Praza de Galicia.
Os comerciantes presentan esta compaña con moita ilusión, xa que consideran que a liberdade de mobilidade xunto coa apertura da hostalería poden aumentar as súas vendas.
Dende Zona Aberta sinalan que nos últimos tempos están notando como a veciñanza, cada vez, está máis comprometida co comercio local. Estas campañas son un agasallo para os clientes.
A campaña non só está destinada ao día do pai. Todos aqueles que teñan na súa familia a un Xosé, Pepe ou Xosefa tamén poden aproveitar para facerlle un bo agasallo polo seu santo coa posibilidade de facerse con 600 euros.