Os traballadores do CHOP péchanse contra os recortes

     PONTEVEDRA> Os traballadores do Sergas continúan ca súa xeira de peches de 24 horas nos centros hospitalarios galegos;…

    {flowplayer}images/salnes/peche_montecelo_070213.flv{/flowplayer}

     … de xeito que hoxe foi a quenda, entre outros dos traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Os traballadores deste CHOP montaron garda por quendas na porta principal deste centro sanitario para dar a coñecer as súas reivindicacións, que non son outras que opoñerse ós recortes que prevé para eles neste ano a Consellería de Sanidade. Uns recortes que pasan, alomenos, pola baixa do 8 % do seu salario neste 2013.

    Estes manifestantes denuncian que nos orzamentos deste ano a Consellería de Sanidade rebaixa a partida destinada ós centros públicos coma está aínda que en troques mantén, e mesmo aumenta, os cartos destinados ós concertos con algúns centros privados; tendendo así á privatización da sanidade e á negociación ca saúde pública.

    Estes son algúns dos termos que explican os manifestantes nestes actos reivindicativos á cidadanía. Uns contactos nos que os traballadores da sanidade aseguran que os pacientes entenden perfectamente a súa situación e mesmo son solidarios con eles. Eles son os primeiros en asumir que o detrimento das súas condicións laborais repercutirá directamente neles.

    Amais os recurtes da sanidade conlevan outras accións que recaen directamente nos doentes. Estes traballadores da sanidade pública aseguran que están dispostos a loitar para evitar que se chegue a dar na nosa comunidade a privatización de centros hospitalarios, como xa está a acontecer en Madrid. Aseguran que se hai que aforrar cartos eles teñen algunha idea que só prexudicaría a unha minoría e que ademais serían unhas medidas exemplarizantes.

    Os vindeiros peches están previstos para o 14 de febreiro, en varios centros, entre eles os de Santiago e o do Salnés; e o 18 de febreiro no do Barbanza.

    Redacción Salnés