CAMBADOS> Somos Cambados denuncia a falta de coherencia do Partido Popular á hora de criticar o proxecto de asfaltado de Tragove. A formación de Tino Cordal subiu ás redes sociais un vídeo onde mostra o cambio de opinión do líder dos populares sobre esta intervención. O asfaltado realizouse nunha zona onde se desenvolverá o proxecto da senda entre Cambados e Vilanova.
Somos Cambados tirou de hemeroteca para criticar con dureza ao partido popular da vila. A formación de Tino Corda subiu as súas redes sociais un vídeo onde mostra o cambio de criterio da formación de Luís Aragunde. Dende a formación do bipartito compararon ao dirixente cambadés con Manquiña na película de Airbag.
O asfaltado fíxose nunha zona que formará parte do proxecto da senda entre Cambados e Vilanova. Unha obra que vai para longo prazo.
Dende Somos Cambados tamén defende que o asfaltado quedou en perfectas condicións.
En canto ao proxecto da senda peonil, o bipartito iniciou na actualidade o procedemento administrativo para analizar o expediente e a titularidade dos terreos. Todas as fases poderían alarga o proxecto ata preto de dous anos.