Os hostaleiros cualifican de ‘arbitrarias e discriminatorias’ as novas medidas para o sector

VILAGARCÍA> Hoxe entraron en vigor as novas medidas que afectán á hostalería. Os restaurantes poderán amplia-lo seu horario ata as 11 da noite  e terán que equiparse cun medidor de CO2. Colectivos de hostaleiros, como é o caso do vilagarcián Ahituvi, cualifícanas de arbitrarias e discriminatorias. Cren que teñen escaso rigor técnico e que están baseadas na improvisación.

Hoxe entraron en vigor os cambios que afectan só ós restaurantes, que poderán abrir ata as 11 da noite e que, en breve, terán que dispor dun medidor de CO2. Os hostaleiros vilagarciáns representados en Ahituvi, din non estar en contra, pero cuestionan os criterios cos que se aplican.

No caso dos horarios, explican en Ahituvi, cómpre ler a letra pequena: só poderán amplia-lo seu horario aqueles que teñan licenza de restaurante, unha minoría dentro do sector.

Dende Ahituvi alégranse por aqueles que si poden abrir, pero cren que se trata dunha decisión demasiado medida. O resto de locais, aínda que dean de xantar ou cear, terán que pechar ás 9, como ata o de agora.

Dende Ahituvi tamén cuestionan a esixencia de equipa-los restaurantes con medidores de CO2.

O colectivo, dentro da Plataforma en Defensa da Hostalaría Galega volve urxir á Xunta a actuar co máximo rigor técnico. Piden que falen co sector antes -din- de anuncia-los cambios nos medios de comunicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí