Preocupación no sector do bivalvo ante a nova reforma do Regulamento Xeral de Costas

CAMBADOS> Preocupación no sector depurador e comercializador de bivalvo ante a nova reforma do regulamento de Costas. A novas medidas reducen as concesións dos terreos públicos marítimos terrestres ata un máximo de 30 anos e un mínimo de tan só 3 anos. Dende Agade advirten que estas medidas poñen en perigo ao sector.

O ministerio de transición ecolóxica presentou en marzo unha reforma do regulamento Xeral de Costas. A nova redacción do artigo 135 de dito regulamento modifica os criterios para determinar a duración das concesións do espazo marítimo – terrestre e as súas prórrogas. Con esta modificación as novas prórrogas e concesións terían un máximo de 30 anos.

Segundo o ministerio, o obxectivo das novas medidas é garantir a integridade, conservación e protección das características naturais do dominio público marítimo – terrestre  e a súa capacidade para adaptarse aos efectos do cambio climático. Para Agade, estas medidas non son nada claras.

O sector dos bivalvos factura en Galicia máis de 400 millóns anuais. Segundo Agade estas medidas poñen en risco unha das grandes producións galegas.

Dende Agade agradecen o apio que están a recibir por parte da Xunta e lamentan que estas decisións estéanse tomando dende Madrid.

O sector pide seguridade xurídica. Polo de agora estanse a levar a cabo reunións sectoriais pero non descartan tomar ningunha medida que non sexa acorde á problemática que lles afecta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí