VILAGARCÍA> Como xa é tradición, Vilagarcía deu a benvida ao 2016 este mediodía, 12 horas antes da medianoite na que o farán o resto de galegos. 350 quilos de uva e máis de 400 botellas de cava foron repartidas entre os asistentes que enchían a praza de Ravella.
As 11 da mañá xa eran moitos os que se achegaban ata a praza de Ravella para prepararse ante o cambio de ano anticipado. Dous postos eran os encargados de repartir entre os asistentes os 305 quilos de uva e as 402 botellas de cava, sen esquecer aos máis cativos que podían optar por unha das 300 bolsas infantís que contiñan doce lambetadas.
16 anos de tradición cun orixe un tanto incerto que ninguén se quere perder.
Persoas vidas de todas as partes do mundo que encontran en Vilagarcía unha maneira orixinal de dar a benvida ao 2016.
Con animación e ata cuartos os vilagarciáns e todo o que ata alí se achegou recibiron as 12 badaladas con cadansúa uva, deixaron presentes os seus desexos para o 2016 e felicitaron o ano novo con 12 horas de antelación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/31/uvas_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/31/uvas_vilagarcia.mp4{/flowplayer}