O Grove estrena a Rúa Escalinatas do Confín e a Fonte dos Cabaliños de Mar

    O GROVE > A pesar do conflicto entre os veciños da Rúa Escalinatas do Confín no Grove, todos eles aceptaban gustosos o remate das obras. Para mudala cara da rúa, foron necesarios preto de 185.000 euros, nos que se inclúen a construcción da Fonte dos Cabaliños e do xardín contiguo.

    ruaescalinatasdoconfin_200_260906.jpgPara mudala cara da rúa, foron necesarios preto de 185.000 euros, nos que se inclúen a construcción da Fonte dos Cabaliños e do xardín contiguo.A mediados do mes de maio varios veciños descontentos coas noticias publicadas acerca das obras discutían co alcalde meco sobre a forma en que deberían rematarse as escalinatas. Catro meses despois este é o aspecto que presenta a rúa.

    Na rúa Escalinatas do Confín investíronse uns 135.000 euros. As obras consistiron en, ademais das actuación visibles como o alumeado público ou o mobiliario urbano en granito, na introducción da recollida de augas pluviais, o cambio da auga potable ou a recollida de augas fecais. 

     A estas obras súmase a Fonte dos Cabaliños de Mar, na que se investiron preto de 50.000 euros. Anque inicialmente estaba previsto que se colocara na glorieta de Ardía, o emprazamento final é o mais vistoso para os veciños e visitantes. fontedoscabalinos_200_260906.jpg

    Os veciños máis críticos seguen afirmando que as escalinatas non son as que se pactaran e que a rampla contigua ten demasiado pendente para que transite polo lugar unha cadeira de rodas. Coa inauguración da pasada semana dáse por finalizada unha obra incluída no plan de peatonalización proxectado hai 4 anos polo equipo de Miguel Ángel Pérez e que comezaba hai dous anos a executarse nas rúas mecas.

    Por outra banda, xa están aprobados varios proxectos e bases de contratación, como o saneamento, servizos e pavimentación da rúa da Calzada en Reboredo por un total de 72.000 euros e da rúa Corgo, con 93.000 euros. Tamén se aprobou o proxecto do saneamento de Hortos e Terra de Porto, que contará cunha partida de 63.000 euros.

    Redacción Salnés