Sanidade confirma que a auga de Vilagarcía é potable

    VILAGARCÍA > A delegación provincial de Sanidade en Pontevedra asegura que seguiu en todo momento mediante análises propios e da empresa concesionaria, a evolución da aptitude para consumo humano da auga da traída municipal de Vilagarcía. Indica que a día de hoxe a auga non presenta contaminación bacteriolóxica nin físico química presentando caracteres organolépticos superiores ós subliñados no apartado C do anexo primeiro do real decreto que establece os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

    augavilagarcia_300_260906.jpgEsta mesma normativa indica que ante este incumprimento a autoridade sanitaria valorará a cualificación de auga apta ou non para consumo humano en función do risco para a saúde. No caso de Vilagarcía, a delegación de Sanidade considera que si é apta. O goberno local indica ademais que as augas de Vilagarcía nunca deixaron de ser aptas para o consumo, e que nunca deron positivo nas partes A, B e D de dito anexo, que serían os que descualificarían automaticamente unha auga.

    Críticas de Esquerda Unida

    Esquerda Unida acusa de irresponsabilidade e temeridade ó alcalde Javier Gago por non ter informado á cidadanía de que na auga da traída existen parámetros por riba do mínimo legal permitido. Este grupo municipal considera que o goberno local xogou coa salubridade dos vilagarciáns a sabendas.

    Esquerda Unida di incluso que en Vilagarcía non existe ningún control de Sanidade, ó igual que sucedeu en Caldas e volven reclamar análises de parámetros microbiolóxicos para determinar se a auga é apta para o consumo. Este grupo arremete ademais contra o portavoz do PP local Tomás Fole, de quen di que non pode vir a reclamar transparencia informativa neste asunto cando o seu partido é corresponsable da situación vivida no río Umia.

    Redacción Salnés