Os veciños de Valga seguirán manifestándose ata que se retiren os pasos a nivel

    VALGA > Os veciños de Valga saíron a rúa por partida dobre durante esta fin de semana. E continuaran amosando publicamente a súa indignación polo accidente durante toda a semana. O domingo, máis de 300 persoas congregáronse no paso a nivel de Campaña, escenario da traxedia. Durante a fin de semana os veciños impediron o paso a 25 trens que cubrían o traxecto entre A Coruña e Vigo.

    valga1_300407_300.jpgValga segue de loito a pesar de que xa pasaron os dous días oficiais decretados dende o Concello. Os veciños están moi lonxe de esquecelo acontecido. Esixen responsabilidades e queren unha solución xa. Non están dispostos a correlo risco de que traxedias como a que se cobrou tres mortos o pasado mércores se volvan repetir. Os veciños amosaron ó seu descontento con ADIF que, segundo os veciños, levou a cabo en poucas horas e pola noite, uns traballos de mellora da visibilidade que fai tempo que demanda o Concello.

    Debido a este bloqueo da vía que durou máis de 3 horas, ADIF tivo que fletar autobuses para que os pasaxeiros puideran rematalos seus viaxes. Sete trens e máis de 700 pasaxeiros víronse afectados por estas concentracións. Xa durante toda a xornada do sábado ós veciños pediron a supresión dos 14 pasos a nivel que cruzan o concello. Durante a concentración nas vías víronse afectados 18 trens e 2.000 viaxeiros.

    Estes cortes na vías son o seu xeito de dicir que están fartos desta situación. Os familiares das víctimas agradeceron tantos os veciños como ós políticos o seu comportamento durante estes días e arremeteron contra ADIF e RENFE á quen culpan da traxedia. O alcalde de Valga, José María Bello , asegurou que quere solucións e estableceu un plazo dunha semana para recibir respostas definitivas. Os veciños seguirán manifestándose a diario ata que estes pasos a nivel sexan desmantelados.

    Redacción Salnés