César Pérez: ‘As clases poderán reanudarse o xoves’

    colegio_copia100.jpgCAMBADOS> O Xefe Territorial de Educación visitou, esta mañá, o colexio cambadés de A Pastora.

    {flowplayer}images/salnes/INUNDACIONS_COLEXIO_PASTORA.flv{/flowplayer}

    A Xefatura Territorial deu orde expresa á empresa encargada da reforma do centro de que se traballe día e noite, ata que se repoña o falso teito das aulas afectadas polo temporal. Está previsto, que o próximo mércores estean listas as novas pranchas. Ese mesmo día, César Pérez Ares reunirase coa ANPA e a dirección do colexio para analizar o problema das humidades.

    O xefe territorial de educación mostrouse moi descontento coa empresa construtora, xa que, sinalou, cometeu moitos erros que derivaron nesta grave situación.

    Do mesmo xeito, a directora do centro, Marina Tourís, afirmou que o constructor sabía da existencia de pranchas furadas e non fixo nada.

    Pola súa parte, os pais dos alumnos mostráronse preocupados pola posible realización das obras de acondicionamento de varias clases mentres os nenos están na outra ala.

    Redacción Salnés