VILAGARCIA> Revólver e as orquestras París de Noia e Olímpus encabezan a programación das festas de Santa Rita en Vilagarcía. Do 19 ao 22 de maio, a vila gozará dun festexo que mestura tradición con modernidade. Santa Rita incluirá as misas tradicionais xunto coa música, a feira celta e as atraccións.
Vilagarcía xa ten a festa posta nun dos seus festexos máis grandes do ano, as festas de Santa Rita. A vila prepara unha ampla programación do 19 ao 22 de maio, aínda que como previa, adianta un concerto ao día 13 do grupo tolemia´s confort. A festa comezará o día 19 coa feira celta e o concerto da orquestra capitol.
O día 20 a vila celebrará o concello de Revolver.
E as orquestras pecharán a música os días 21 e 22. París de Noia e Olimpus encargaranse do espectáculo.
Na festa non faltarán os pasacalles en diferentes rúas da vila, o concerto da banda da música e as misas. Unha programación completa e variada.
Os postos de comida e as atraccións tamén estarán presentes na festa xa dende o sábado 13. A programación tamén inclúe numerosas actividades para os máis pequenos, destacando a celebración do festivaliño on the road.