Os sindicatos reivindican o 1 de maio como un día de protesta e non de celebración

VIALGARCIA> Os sindicatos de Vilagarcía fan un chamamento a toda poboación para que acuda ás manifestacións do 1 de maio. Entre as súas reclamacións destacan a derrogación das reformas laborais, a loita pola igualdade de salarios e o fin da precariedade laboral. As mobilizacións na vila comezarán o mércores ás 12 na praza de Ravella.

Coa vista posta no Día dos Traballadores que se festexa o vindeiro 1 de maio, Comisións Obreiras e UXT fan un chamamento á poboación para que acuda ás manifestacións que aseguran, non son de celebración se non de reivindicación.

Dentro das reivindicacións que se farán o 1 de maio destacan a derrogación das reformas laborais e a loita pola igualdade de salarios entre homes e mulleres.

Outra das reclamacións importantes é acabar ca precariedade laboral

En Vilagarcía a manifestación está convocada na praza de Ravella ás 12, e unha vez finalizada na propia praza leerase o manifesto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí