VILAGARCÍA> Remolques Incar, unha empresa de Vilagarcía revoluciona o mantemento de parques e xardíns. Veñen de crear unha máquina aspiradora de follas, que axiliza os traballos e reduce os tempos. Ademáis da súa potencia, salienta a súa capacidade para a trituración de follas, o que reduce o seu volume xa no momento da recollida. Agora, contan con distribuír esta máquina non só por Galicia, senón que tamén polo resto de España.
A caída das follas en parques e xardíns require en tódolos concellos dun esforzo adicional por parte das brigadas municipais. Un traballo preciso, por estética e mantemento, que vai ser moito máis doado a partir de agora grazas a unha empresa de Vilagarcía. Remolques INCAR vén de deseñar, patentar e fabricar unha máquina aspiradora de follas que reduce os tempos e multiplica as capacidades dos operarios.
A aspiradora está pensada para todo tipo de espazos verdes.
Os seus deseñadores salientan a potencia desta nova aspiradora de follas. Tamén as prestacións que ofrece, como unha tubaxe de captación de ata seis metros ou un sistema de pretriturado que permite reduci-lo volume das follas xa na propia recollida.
Dende Baygar, a firma comercializadora, non agochan a súa satisfacción por ter instado o deseño desta máquina con selo vilagarciá.
De feito, xa teñen contactos con empresas de Asturias ou Euskadi para comezar a distribuir tamén neses territorios esta nova ferramenta.











