O PSOE reprocha ó PP ‘o escaso traballo’ feito pola provincia

    psoe100_180207.jpgVILAGARCÍA > Os socialistas reprochan ó PP o escaso traballo desenvolvido pola provincia de Pontevedra. Os candidatos ó Congreso, …

    {flowplayer}images/salnes/psoe.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os socialistas reprochan ó PP o escaso traballo desenvolvido pola provincia de Pontevedra. O coordinador provincial do PSOE, xunto cos candidatos ó Congreso, presentou esta fin de semana a campaña electoral. A preocupación esencial será que os cidadáns voten.

    O PSOE desenvolverá unha campaña austera e centrada en falar coa xente. Así o indicou Modesto Pose secretario provincial e coordinador de campaña na provincia de Pontevedra. Para os socialistas que a xente acuda ás urnas o 9 de marzo é esencial.

    Os socialistas están orgullosos da lista que presentan ó Congreso en Pontevedra. Un dos candidatos é o cambadés Domingo Tabuyo, que pide unha segunda lexislatura para acadar ‘a excelencia’ para o Salnés, despois de defender a xestión realizada polo goberno central nesta comarca. A lista dos socialistas ó Congreso pola provincia de Pontevedra está encabezada por Antón Louro. Modesto Pose di del que ‘non hai comarca en Pontevedra que non estivera’. Non din o mesmo os socialistas dos seus rivais políticos. Os socialistas confían nas súas posibilidades tanto no ámbito estatal como na provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés