Pesca destina 1’3 millóns de euros ás confrarías barbanzás

    axudasconfraras_100_290906.jpgBARBANZA > A Xunta de Galicia destinará máis dun millón de euros para a protección dos recursos mariños nas confrarías barbanzáns.

    Estes fondos, ademais das tarefas de control e vixilancia, sufragarán o desenvolvemento de proxectos para a rexenarión de bancos marisqueiros ou a mellora da comercialización dos produtos. A Confraría da Pobra do Caramiñal será unha das máis beneficiadas polas axudas autonómicas cunha partida de 120 mil euros para vixilancia, 117 mil para tarefas de rexeneración dos bancos marisqueiros e 20. 500 euros para asistencia técnica. Tamén Rianxo e Noia recibirán un importante apoio para a recuperación dos seus bancos con partidas de 174 mil euros e 155 mil respectivamente. Pero non serán os únicos xa que outros pósitos da comarca tamén contarán con subvencións de Pesca para os seus respectivos proxectos de rexeneración.

    Cabo de Cruz recibirá preto de 65 mil euros, Aguiño 53.600, a Confraría de Ribeira contará con preto de 37 mil euros e as de Palmeira e Muros recibirá, 35 mil e 32 mil euros respectivamente.

    Estas contías veranse complementadas coas partidas destinadas a vixilancia e asistencia técnica que recibirán tódolos pósitos da comarca.axudasconfraras_200_290906.jpg

    Ademais da rexeneración dos fondos mariños, a administración subvencionará este ano outros proxectos que aporten valor engadido ás confrarías como son os planos para a mellora da comercialización presentados polos pósitos de Ribeira, Lira e Portosín. En total, a Consellería de Pesca destinará 45 mil euros para poñer en práctica estas iniciativas.

    A nova política da Xunta en materia pesqueira avoga polo deseño de proxectos de actuación innovadores en cada confraría, que contribúan a dinamiza-la actividade do sector. Neste sentido, o deputado socialista destacou o feito de que se realice por primeira vez unha convocatoria pública das axudas acabando coa ‘discrecionalidade e o oscurantismo’ que, segundo el , imperaba na política da anterior Consellería de Pesca na que as confrarías non contaban cun marco regulador para obter axudas senón que se realizaban a través de acordos particulares.

    Redacción Barbanza