Falece un veciño de Boiro por posible sobredose

    BOIRO > Un veciño de Cabo de Cruz faleceu na tarde de onte nun edificio en contstrución situado na Avenida de Barraña.

    A pesar da rápida actuación dos servizos sanitarios que se desprazaron ata o lugar nada máis recibir o aviso, soamente puideron constata-la súa morte.

    mortoboiro_200_260207.jpgArredor das nove e media da noite, a Policía Local de Boiro recibía a chamada dun particular informando da presenza dun home inconsciente nas obras dun edificio en construción situado na Avenida de Barraña.

    Tras avisar ó servizo de emerxencias do 061, e poñer en coñecemento ó xuíz e ó forense, unha patrulla desprazouse ata o lugar indicado onde a vítima estaba a ser atendida por unha socorrista da Cruz Vermella que tentaba reanimalo. Sen embargo, os intentos foron en vano porque o home, un veciño de Cabo de Cruz que respondía ás inciais J.P.N., non presentaba pulso, tiña a cara amoratada e as pupilas non reaccionaban á luz.

    Á chegada da ambulancia do 061, o persoal sanitario soamente puido constata-la súa morte. O falecido atopábase na compaña dun amigo, quen foi quen dou a voz de alarma.

    Posible sobredose

    mortoboiro2_200_260207.jpgO cadáver permaneceu no lugar ata a unha e media da madrugada, cando o xuíz autorizou o seu levantamento e foi trasladado a Santiago para practicárenlle a autopsia. Polo momento, descoñécese o resultado oficial aínda que as circunstancias que rodearon o seu falecemento indican que podería tratarse dunha sobredose. Segundo testemuñas presenciais, no lugar dos feitos atopábanse varias xiringas polo que o falecido podería estar consumindo drogas no momento da morte.

    Redacción Barbanza