As obras da autovía do Barbanza darán comezo na primeira quincena de outubro

    BARBANZA > A Consellería de Política Territorial cumpriu finalmente o prazo establecido para aprobación do proxecto de construción da autovía do Barbanza que se iniciará nos vindeiros quince días.

    autovia_300_290960.jpgO ente autonómico informou de que as obras contan cun prazo de execución de 27 meses. O custo total da actuación ascende a máis de 127 millóns de euros. A tan demandada autovía do Barbanza xa está máis preto de ser unha realidade coa aprobación definitiva do proxecto. Trala finalización deste trámite, a sociedade formada polas empresas Itinere Infraestructuras S. A. e Corporación Caixa Galicia iniciará os traballos na primeira  quincena de outubro. Segundo o proxecto presentado, as obras estarán concluidas nun prazo de 27 meses, nove menos do establecido inicialmente no concurso público.

    Na comarca do Barbanza, a nova foi moi ben recibida polas autoriades locais que consideran que a nova infraestrutura suporá un importante dinamizador económico para a zona. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, destacou a importancia de inciar esta obra durante o vindeiro mes cumprindo os prazos de execución previstos para contar canto antes coa nova infraestrura.

    O proxecto contempla o desdobramento da actual vía rápida nunha estrada de 40’100 quilómetros e dúas calzadas de sete metros cada unha, separadas por unha mediana de 1’2 metros e beiravías exteriores de 2’5 metros e interiores dun metro.

    En total, o trazado contará con doce enlaces que se corresponden cos que existen na actualidade na vía rápida: Padrón, dodro-Lestrove, Rois-Imo, Bexo, Catoira-Vilagarcía, Rianxo, Taragoña, Boiro, Pobra, Palmeira e Ribeira.

    Así mesmo contará con once viaductos, 41 pasos inferiores e 22 superiores que facilitarán a cimunicación entre ámbalas dúas marxes.

    A construción, financiamento e explotación da nova estrada corresponde á sociedade ‘Autovía del Barbanza, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S. A, que realizará un investimento total de 127 millóns e medio de euros. Como contraprestación, Política Territorial aboará un canon de demanda unha vez entre en funcionamento a autovía. Nese momento, a bisbarra barbanzá incrementará a súa proximidade con outros núcleos importantes de poboación facilitando os desprazamentos de tódolos seus usuarios.

    Redacción Barbanza