Deira prevé a apertura do centro de día e a gardería antes de fin de ano

    garderia_100_03102006.jpgBOIRO > O alcalde de Boiro, Xosé Deira, confía en que o remate das obras de acondicionamento do inmoble que albergará ó Centro de Día e a Gardería Municipal na zona de Praia Xardín estean concluidas durante este mes de outubro.

    Despois de realizar unha adaptación da distribución interior do edificio situado na zona de Praia Xardín, ó non axustarse á capacidade que presentaba o proxecto, o executivo boirés agarda poñer en marcha definitivamente estas instalacións para o mes de novembro ou decembro, unha vez conclúan as obras de remate desta instalación e que se están a executar actualmente.garderia_200_03102006.jpg

    O rexedor local, Xosé Deira, informou da subvención concedida por parte de Vicepresidencia, que ascendeu a preto dos 200 mil euros e que posibilita a conclusión destas obras.

    O rexedor boirés  referiuse tamén ós numerosos problemas existentes na execución desta obra e que provocaron un retraso significativo na súa posta en marcha, lonxe da data prevista nun primeiro momento.

    Redacción Barbanza