Boiro recoñece os éxitos dos taekwondistas do Suh Sport

RIBEIRA> Como cada ano, o concello de Boiro brindou a súa tradicional recepción ós taekwondistas do Suh Sport. Un ano este, se cabe, máis especial polo volume de éxitos acadados polo Club. Nada máis e nada menos que duascentas quince medallas en trinta e tres competicións. Estes son os datos dos que pode presumir o Club Suh Sport deTAekwondo que vén de pechar unha tempada brillante. Estas cifras avalan o gran traballo do club e dos seus deportistas. Esta mesma semana, o Ministerio de Educación e Deporte outorgaba a Alma Pérez o recoñecemento de deportista dealto rendemento. Recoñecemento que vén de renovar tamén Alba Caamaño, bicampioa de España e premio á mellor competidora galega. O alcalde de Boiro quixo felicitar ós deportistas non só polo seu éxito senón tamén pola súa dedicación, compaxinando deporte e estudos con gran sacrificio. Así mesmo, volveu ratificar o compromiso do seu goberno co deporte base, a través do apoio material e económico ós clubs e a organización de eventos deportivos de primeiro nivel.