NOIA> O entroido amosou a súa cara máis solidaria coa I Carreira en Familia organizada polo concello en favor de Cáritas de Noia.
A cita congregou a centos de corredores que, ataviados cos seus mellores disfraces, percorreron a distancia de tres quilómetros polas rúas do centro da vila.
A inscrición era gratuíta e tan só requiría a doazón de alimentos que Cáritas repartirá posteriormente entre os seus usuarios.
Ó remate da carreira tivo lugar unha degustación de doces de entroido e chocolatada. Aqueles que non participaron na carreira tiveron ocasión de disfrutar desta merenda aportando un euro como donativo que tamén foi destinado a Cáritas Parroquial de Noia.