M. Resúa: ‘ Pedimos desculpas polos trastornos que se están a ocasionar’

    NOIA> O executivo noiés confirma que os problemas de turbidez da auga da rede da traída municipal estarán solucionados antes da fin de semana. As intensas chuvias caídas nas últimas semanas, sumado ás obras que se desenvolven na propia potabilizadora, na que se inclúen ademais melloras na rede de captación de agua do río Traba e a instalación de novos filtros e decantadores, nas que o concello noiés está a investir máis de 70 mil euros, paracen estar detrás do problema. A edil de Obras e Servizos, Marisa Lorenzo, pediu desculpas ós veciños por esta situación e informou de que o concello está a traballar de cara a solucionar os problemas existentes no servizo de cara a garantir a potabilidade do subministro. Na rúa o problema segue a suscitar un gran enfado. Aínda que non afecta por igual a tódalas zonas do concello, a maioría de veciños e hostaleiros consideran que non é un problema novo, que xa se vén repetindo nos últimos anos por estas datas, suponiendo un grave prexuízo para eles.

    Comments are closed.