A Policía Local da Pobra está de novo baixo mínimos

    baixaspoliciapobra_100_15102009.jpgPOBRA> A actual plantilla limitou as gardas nocturnas tan só ás noites das fins de semana.

    {flowplayer}barbanza/baixaspoliciapobra.flv{/flowplayer}

    A escaseza de axentes no seo da Policía Local da Pobra do Caramiñal volve a preocupar ós membros do equipo de goberno, que ven como os actuais membros da plantilla non poden cubrir tódolos cuadrantes de servizo. Actualmente están traballando un total de sete axentes dos catorce que debería haber en plantilla: dous están de vacacións e tres de baixa, ós que lle hai que engadir a xubilación por enfermidade do anterior xefe, Luís Gigirey, e o cese doutro axente en cumprimento dunha sentencia que así o esixía. Este feito impide que se estean realizando as gardas nocturnas diarias, limitándose tan só as fins de semana. Aínda así dende o executivo pobrés agárdase a que esta situación mellore en breve, a través da contratación dun axente por comisión de servizo. Precisamente esta circunstancia implica que a persoa que queira acceder a este posto teña que ser xa policía, e nunca un auxiliar tal e como sinala a lexislación vixente. Segundo informou o propio xefe da Policía Local da Pobra do Caramiñal, Ramón Valiño, o contrato será realizado por un ano, con posibilidade de prorrogarse.

    Redacción Barbanza