O executivo noiés ultima a cuarta e definitiva fase do proxecto ‘Portas do Mar’

    NOIA> A actuación, coa que se busca transformar a fachada marítima da vila, contará cun investimento duns 60 mil euros. Unha vez que a terceira parte do proxecto ‘As Portas do Mar’ está prácticamente lista, o executivo noiés xa elaborou un novo proxecto para acometer unha cuarta e definitiva fase para esta actuación que busca a humanización e o empedrado da fachada marítima da vila. Paralelamente a actuación levará consigo tamén outro proxecto que busca disimular de algún xeito a zona de contedores do lixo existentes na zona, mellorando o aspecto visual da rúa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí