O Concello de Sanxenxo merca a finca do muíño das Grobeiras

    SANXENXO > Con esta adquisición, o Concello de Sanxenxo pretende recupera-lo muíño pero tamén todo o seu entorno de gran valor medioambiental. A compra dos terreos superou os 46.000 euros.

    A zona do muiño das Grobeiras é unha vaguada pola que transcorre o regato de Bordóns e onde hai abundante arboreda de especies autóctonas, ademais do propio muíño, que servirá para que os rapaces poidan coñece-lo proceso da moenda tradicional. Para iso haberá que recuperar totalmente o muíño e todo o entorno, para o que se investirán 182.000 euros. O terreo de 1.200 metros cadrados e que pertencía á familia Franco García custou máis de 46.000 euros e encádrase nun espazo de 5.000 metros cadradps próximo á praza pública do Outeiro de Bordóns onde hai tres anos se levou a cabo un proxecto de humanización. Ademais na zona hai un parque infantil que tamén será recuperado nos vindeiros meses, de xeito que a zona se converterá nun gran espazo público de ocio para tódolos veciños de Bordóns e de todo o concello de Sanxenxo.

    Redacción Salnés