Emgrobes organiza as Xornadas Marisqueiras do Grove para promocionar os produtos do mar

O GROVE> Aínda que non haxa festa do marisco, dende a asociación Emgrobes poñen en marcha as xornadas marisqueiras. Unha iniciativa para paliar os efectos económicos da suspensión da festa gastronómica. Con estas xornadas promocionaranse os produtos do mar a través dos establecementos hostaleiros e hoteleiros.

O concello do Grove debería estar gozando nestas datas da súa tradicional festa do marisco. Unha celebración que se tivo que suspender debido á alerta sanitarias provocada pola covid 19. A cancelación supuxo un duro golpe para o sector pesqueiro e os pequenos negocios e establecementos da vila. Para compensar as perdas, dende a asociación Emgrobes poñen en marcha as xornadas marisqueiras.

As xornadas contan co apoio das administracións e de todo o tecido empresarial e hostaleiro do Grove. As xornadas suporán un pequeno impulso económico para a vila.

Dada a situación actual, para poder levar a cabo estas xornadas é necesario cumprir coas medidas de sanidade. Unhas normas que dende Engrobes aumentarán para garantir a seguridade do evento.

As xornadas levaranse a cabo dende o 9 ao 18 de outubro. Nelas participarán a maior parte dos locais hostaleiros e hoteleiro do Grove. Os que se acheguen poderán gozar dunha ampla variedade de mariscos frescos e de calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí