A Pobra súmase por terceiro ano á campaña ‘En negro contra a violencia’

POBRA> O concello da Pobra súmase por terceiro ano á campaña ‘En negro contra a violencia’. Edificios públicos, comercios e locais hostaleiros vestiranse de negro coa cartelería desta campaña. Desenvolveranse ademais actividades paralelas dirixidas principalmente á infancia e mocidade.

A ONG Abas súmase á programación contra a violencia co Foro de Muller e Liderado que se celebrará mañá as oito no auditorio do museo Valle-Inclán. No transcurso do evento procederase tamén á entrega dos premios do concurso de relatos curtos ‘Historias de Mulleres’.

Durante toda a semana desenvolveranse tamén actividades nos centros escolares: obradoiros para os máis pequenos e a visita á exposición ‘Cartas de Amor’ para os mozos.

O teatro forma parte tamén desta programación con dúas obras enmarcadas no programa ‘Nós contra a violencia’ da Rede de Dinalización Lingüísitca da Xunta, Serán ‘Cinco minutos sen respira’ este domingo ás sete e ‘O país dos Mandóns’ o día oito ás doce do mediodía. As dúas sesións terán lugar no teatro Elma.

O venres 29 procederase á estrea de Na súa pel, unha creación audiovisual de Vou Films, protagonizada por mozos da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí