IC Boiro reclama horas sen ruído durante as festas

BOIRO> Dende a formación entenden que así favoreceríase a inclusión e o disfrute de nenos con autismo, síndrome de asperger e outro tipo de trastornos neurolóxicos.

Piden celebracións máis inclusivas e que, ó menos, conten con 3 o 4 horas sen ruído, nun tramo horario atractivo, para que estas persoas poidan disfrutar das atraccións con total tranquilidade sen alterar o impacto sensorial ó que están expostas.

Dende IC Boiro entenden que esta proposta, que xa foi presentada no Concello, non implicaría sobreesforzo algún, nin ningún tipo de molestias para o resto de persoas, xa que o único que se pide é prescindir dos sons que poderían ser evitables nas atraccións, como as sirenas, a música moi alta ou as luces intensas.

Entenden que así, estaríase traballando para acadar un municipio máis inclusivo e sen discriminacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí