Vivenda rescinde o contrato coa adxudicataria das vivendas sociais de Ribeira

    vivendassociais_100_03102006.jpgRIBEIRA > A Consellería de Vivenda e Solo rescindiu o contrato á empresa encargada das obras das vivendas sociais de Ribeira debido ó incumprimento dos prazos de execución.

    O departamento autonómico dirixido por Teresa Táboas iniciou esta mesma semana a rescisión do contrato á empresa Seixo, adxudicataria das obras de construción e urbanización das 21 vivendas de promoción pública na zona de Xarás en Ribeira. O motivo da rescisión é o incumprimento do prazo de execución establecido en 18 meses dende o inicio das obras o pasado marzo de 2005.

    A pesar dos repetidos requerimentos por parte da administración autonómica para a axilización dos traballos, a empresa non foi quen de conclui-las obras no tempo establecido e na actualidade soamente se atopa concluido o 13’85 por cento do total do proxecto. Os seus responsables xa manifestaran a súa disconformidade co orzamento de adxudicación, próximo ó millón e medio de euros, posto que ó seu entender non se axusta ós prezos reais do mercado.vivendassociais_200_03102006.jpg

    Agora, unha vez rescindido o contrato, a Consellería de Vivenda procederá a liquidarlle á empresa o traballo realizado ata o momento e convocará un novo concurso público de adxudicación. As empresas interesadas poderán optar á construción e urbanización destas 21 vivendas protexidas, semre e cando se adapten á contía económica e o prazo de execución establecidos.

    Redacción Barbanza