A POBRA> A Asociación Galega de Atención Temperá celebrou esta fin de semana o seu 25 aniversario na Pobra. Ó longo destes anos, a entidade teceu unha rede asistencial pública para nenos con dificultades evolutivas e as súas familias.
O cine Elma acollía este sábado a celebración do vixésimo quinto aniversario da Asociación Galega de Atención Temperá. O presidente da entidade foi o encargado de abrir o acto poñendo en valor a rede creada ó longo deste cuarto de século que se converteu nun modelo de referencia a nivel estatal.
Nos mesmos termos expresábase o director Xeral de Persas con Discapacidade da Xunta recoñecendo o importante labor da entidade no desenvolvemento evolutivo dos pequenos.
Pola súa banda, o alcalde da Pobra referiuse ó bo funcionamento do servizo de atención temperá do CAD da Pobra que segue a medrar tanto en número de nenos atendidos como de persoal, grazas á impecable xestión da súa directora, Julia Rial e todo o seu equipo.
A xornada rematou cunha mesa redonda a cargo dos responsables do servizo de atención temperá de seis concellos e a actuación do grupo de teatro do CAD da Pobra cun espectáculo de sombras.