As obras da travesía da Noia encaran a súa recta final

NOIA> As obras da travesía de Noia afrontan a súa recta final coa pavimentación e pintado da sinalización. Os operarios traballan tamén na retirada dos postes de alumeado e electricidade posto que tódalas redes irán soterradas.

O concello de Noia mantivo varias reunións con técnicos da Xunta de Galicia e da empresa adxudicataria para perfilar os detalles de cara ó remate das obras da travesía da localidade. estes días os operarios traballan na pavimentación de beirarrúas e acabados, especialmente na zona da rotonda da Barquiña. procederase ademais ó pintado e sinalización de tráfico e incrementaranse os estacionamentos destinados a carga e descarga e persoas con mobilidade reducido.

Unha vez rematada a obra o concello ten previsto acometer melloras de accesibilidade nas vías próximas como a que conecta coa igrexa de Santa Cristina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí