Luz verde á mellora e ampliación de variois viais en Lousame

    LOUSAME> A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de asinar a acta de replanteo das obras de mellora da pavimentación e ampliación do vial de acceso a Quintáns de Lesende e de ampliación do vial de Horta a Carro, adxudicadas por 32.205 euros á empresa Construcciones Ponciano Nieto. A propia alcaldesa acompañou ós técnicos da empresa ata estes dous viais para explicarlles sobre o terreo a importancia dos sobreanchos contemplados neste proxecto, que mellorará significativamente a seguridade viaria nesta parroquia. As obras executaranse ao longo de 2.020 metros de estradas e terán lugar en tres fases. O primeiro treito de 110 metros correspóndese coa estrada cara a Ponte de Quintáns, onde se pavimentará un sobreancho da calzada dun metro nos primeiros 75 metros do viaria con 10 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico. No segundo treito, de 35 metros de lonxitude, o sobreancho será tamén de 1 metro pero con 10 centímetros de zahorra e outros dez de formigón. A maiores, executarase unha canalización de 35 metros de taxea de formigón para unha correcta drenaxe da zona e procederase á apertura de gabias e á limpeza das salvagabias. Na segunda fase, os 860 metros entre a curva ata a aldea de Quintáns, as obras permitirán a pavimentación dos sobreanchos da calzada. Nos primeiros 160 metros haberá un sobreancho de 2,5 metros que se pavimentará con 15 centímetros de zahorra. Nos seguintes 700 metros, a pavimentación realizarase con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico sobre uns sobreanchos de 2,5 metros (nos primeiros 200 metros) e de medio metro no restante medio quilómetro. Ademais, contémplase a instalación dun sinal de Stop. Finalmente, a ampliación da curva no vial entre Horta e Cairo suporá a pavimentación de 190 metros de vial, cun sobreancho de 2,5 metros, mediante 12 centímetros de grave e posterior triplo tratamento asfáltico. Abriranse unhas gabias de 5 metros revestida de formigón para a correcta drenaxe lonxitudinal e executarase unha canalización de 40 metros de entubado de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como un pozo de rexistro para saneamento.