O CAD da Pobra convértese nunha pasaxe do terror para celebrar o Samaín

A POBRA> O Centro de Atención á Discapacidade da Pobra celebra o Samaín cunha decoración moi especial. Os usuarios do centro ocupacional foron os responsables de idear e elaborar tódolos terroríficos elementos con material reciclado.

Os usuarios do centro ocupacional do CAD da Pobra levan dende agosto traballando arreo para celebrar un Samaín de medo. Elaboraron toda a decoración a base de material de refugallo convertendo o recibidor do centro nunha auténtica pasaxe de terror.

Drácula e o seu castelo, o photocall da bruxa ou o moucho que se asoma tras unha árbore son algúns dos elementos estrela desta decoración que fai as delicias de tódolos usuarios do CAD, especialmente dos máis pequenos.

Tralo éxito do Samaín, estes artistas están inmersos xa na elaboración da decoración de Nadal que, prometen, traerá moitas sorpresas.