A absolución de Vioque causa malestar en Arousa

    fundacion_contra_narcotrafico_100_041006.jpgVILAGARCÍA > A Fundación Galega Contra o Narcotráfico considera unha burla social a absolución do avogado Pablo Vioque.

    O colectivo lembra que a Audiencia Nacional condenou ó ex secretario da Cámara de Comercio de Vilagarcía a 11 anos de prisión por un delicto contra a saúde pública e a catro anos por blanqueo de capitais, ó consideralo responsable da organización que introduciu en España 1.800 quilos de cocaína na chama Operación máis madeira.

    O Supremo absolveu agora a Vioque argumentando que non hai probas contra el. Recoñece que a única proba de cargo que existe é a declaración da colombiana Arinda Adalgiza pero que non se corrobora con algunha outra. A Fundación cre que hai dúas varas de medir xa que na sentencia da Audiencia Nacional si se detallan entrevistas entre Vioque e Adalgiza, nas que se fala dos paquetes de coca, e de como se executou a operación, sen esquecer as intervencións telefónicas.

    De tódolos xeitos, o Tribunal Supremo si confirmou a condena a sete anos e medio de cárcere que lle impuxo a Audiencia de Madrid a Pablo Vioque por propoñer en 2003 o asasinato do entón tenente fiscal antidroga Javier Zaragoza.

    Redacción Salnés