A fuga nos depósitos dun camión pon en perigo a circulación no Barbanza

    limpezabomberos_100_04102006.jpgBARBANZA > A vía rápida do Barbanza foi escenario dun suceso que, afortunadamente, non tivo consecuencias maiores.

    Un camión rexistrou unha perda de combustible no seu depósito deixando unha extensa mancha de gasóleo na vía. O Parque de Bombeiros de Boiro recibiu unha chamada de aviso a través do 112, a consecuencia dun accidente na Vía autonómica do Barbanza a altura do concello boirés. Unha vez alí os bombeiros constataron a existencia dunha gran mancha de gasóleo no vial. limpezabombeiros_200_041006.jpg

    A mancha, duns sete quilómetros de lonxitude, prolongábase tamén pola estrada AC-305 a altura do concello da Pobra do Caramiñal.

    Ata o lugar do suceso tamén se trasladou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que localizou ó vehículo que provocou esta perda.

    Nos labores de limpeza participaron sete bombeiros pertencentes ós Parques de Bombeiros de Boiro e Ribeira, así como tamén catro camións motobomba, que estiveron traballando pola mañá e pola tarde neste operativo.

    Redacción Barbanza