Cambados pide á Xunta que manteña as zonas dependentes de Portos

    cores_touris_xunta_100_230109.jpg SANTIAGO> O alcalde entregou 432 sinaturas de veciños e conerciantes que denuncian o mal estado das inmediacións do Mercado.

    {flowplayer}images/salnes/230109_cores_touris_na_xunta.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Cambados, Xosé Manuel Cores Tourís, xunto co presidente de Zona Centro, Marcos González, entregaron esta mañá na Xunta máis de 400 firmas de usuarios e comerciantes da Praza de Abastos. Denuncian as malas condicións nas que se atopan as inmediacións do Mercado, unha zona que depende de Portos de Galicia. O rexedor cambadés esixe á Xunta que se faga cargo do mantemento destes espazos e anuncia que a partir da vindeira semana o concello deixará de pagar a iluminación desta zona. O 9 de xaneiro a Xunta comunicou ó concello unha suba de tarifas para o 2009 pola ocupación de 5.000 metros cadrados para celebrar o mercado, un espazo comprendido entre a Praza de Abastos e a Alameda de Santo Tomé. Segundo o rexedor cambadés, esta foi a gota que colmou o vaso. Asegura que con este novo canon o concello terá que abonar máis de 74.000 euros ó ano, unha cifra que considera abusiva tendo en conta o estado da zona. Cores Tourís avisa ó Executivo galego que o concello de Cambados non se vai converter nun ente recadador da Xunta.

    Ante esta situación, o concello está estudando a posibilidade de trasladar o mercado a outra zona do municipio antes de subir as taxas ós comerciantes. Cores Tourís asegura que ademais do canon por celebrar o mercado, o concello ten que desembolsar máis de 86.000 euros ó ano polo mantemento de espazos que dependen de Portos de Galicia. O rexedor esixe ó Goberno galego que se faga cargo destes gastos, e anunciou que a partir da vindeira semana o concello deixará de pagar as facturas da luz correspondentes a esta zona.

    Os comerciantes pola súa banda salientan que a mala situación do entorno do mercado está a afectar á boa marcha das vendas.

    O alcalde de Cambados considera que o presidente da Xunta mantén unha actitude de desprezo cara o municipio. Insiste en que o concello seguirá apoiando ós veciños e non descartan convocar mobilizacións ante a Xunta.

    Redacción Salnés