O Concello busca o xeito de manter aberto o párking Xoán XXIII

    aparcamento_xoan23100.jpgVILAGARCÍA> O Concello estudia dende hai semanas unha fórmula que garante a continuidade da actividade do aparcamento Xoán XXIII, …

    … mentres non se resolve o proceso concursal no que está inmerso a empresa concesionaria.

    Así o anunciou hoxe a alcaldesa, Dolores García, logo de que se pechase o párking o pasado luns. En calquera caso, a rexedora quere deixar claro diante da opinión pública que en ningún caso houbo, hai nin haberá deixadez na xestión municipal.

    Dolores García lembra que este é un tema moi complexo xurídica e economicamente, que non se soluciona da noite para a mañá. O proceso concursal no que se atopa Proinsa, e no que está personado o Concello, pode acabar de dous xeitos diferentes: por un convenio cos acredores, entre os que se atopa o Concello, ou por unha liquidación da sociedade. Neste último caso cancelaríanse as débedas e repartiríase o seu patrimonio entre os acredores.

    Unha terceira vía sería, e así se prevé no convenio de explotación, que aparecera un novo xestor, empresa ou a propia Administración, que tería que facerse cargo das débedas e calquera outro tipo de cargas. Para o Concello agora urxe garantir que continúe aberto o aparcamento. No caso de que o Concello tivera que asumir calquera tipo de gasto, este repercutirá na débeda que xa ten contraída Proinsa coa administración local, que ascende xa a máis de 52.000 euros.

    Redacción Salnés