VILANOVA> Vilanova chora a Jesús Nogueira. O corpo do director da Banda de Música Cultural de Vilanova foi localizado esta madrugada flotando no mar, preto do peirao da Aduana, en Corón. A súa familia dera a voz de alarma despois de non ter noticias del dende onte pola tarde. A Garda Civil investiga os feitos, aínda que todo a punta a un tráxico accidente.
Vilanova espertaba esta mañá coa peor das novas. A Garda Civil localizara esta madrugada o corpo de Jesús Nogueira, director da Banda de Música Cultural de Vilanova. O corpo estaba flotando a catro metros do peirao da Aduana, en Corón.
A súa filla dera onte a voz de alarma despois de non ter noticias del dende as tres da tarde de onte. Ao redor das catro e media da madrugada activouse o dispositivo de busca. Pouco despois, ás 5 menos 10, axentes da Garda Civil avistaban o corpo e confirmaban o triste desenlace.
Unha embarcación de Salvamento Marítimo recuperou o cadáver. Agora o Instituto Armado investiga o falecemento de Nogueira, de 70 anos, aínda que todo apunta a que a morte debeuse a un accidente que provocou a súa caída da embarcación.