RIBEIRA > O concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernández, presentou a nova edición da mostra de teatro que se vai desenvolver na localidade a partir do venres trece de outubro.
Este ano na mostra de teatro ribeiresa participarán un total de nove compañías galegas, cinco profesionais e catro afeccionadas, entre elas Falcatruada, Teatro do Noroeste, Imaxina-t, Teatro do Improvisto, Teatro Galileo, o grupo Candelexas, Talía Teatro ou os Tirinautas.
A encargada de iniciar este ciclo teatral, que xa se está a converter co paso dos anos nun referente na comarca será a compañía será a compañía Imaxina-t que porá en escea o venres 13 a obra ‘Despropósitos’. As funcións, que serán gratuítas, as nome e media da noite no auditoiro municipal e as entradas poderán retirarse media hora antes de comeza-la sesión.
Luciano Fernández incidiu tamén na puntualidade e que a xente trate de chegar con tempo ó auditorio xa que non se lle permitirá a entrada a ninguén unha vez comenzada a función.
O edil de Cultura ribeirés agradeceu á Deputación da Coruña a axuda prestada na organización desta mostra xa que algunha das compañías participantes acudirán a Ribeira grazas ós circuitos culturais deste organismo. Segundo el queda pendente a posta en escea por parte do Grupo Municipal de Teatro dunha obra sobre a historia do centenario de Ribeira coma cidade aínda que esta peza non será incluída dentro da propia mostra.
Redacción Barbanza