Carrascal explica como prepararse para a xubilación

    carrascal_100_041006.jpgPONTEVEDRA > Caixanova inaugura en Pontevedra o ciclo Xornalismo Século XXI con José María Carrascal.

    Está xubilado pero non por iso se lle acabou a vida. O xornalista José María Carrascal dedícase agora a viaxar e a escribir, vivindo a cabalo entre España e Estados Unidos, con algunha escapada a Alemaña. Alí empezou a súa carreira, como correspondente, que continuaría logo en Nova York.

    carrascal_200_041006.jpgDespois de 32 anos informando a España desde o estranxeiro, en 1990 convértese no presentador do informativo de madrugada de Antena 3. Mantén o contacto con aquel equipo, pero xa non mira a televisión porque lle consume moito tempo, e nesta época da súa vida José María Carrascal di que non está para perdelo. Iso si, di que non envexa ós xornalistas de hoxe, ós que considera teledirixidos.

    Fiel ó seu estilo, a Pontevedra chegou coa súa inseparable garabata, aínda que non tan rechamante como as que levaba en televisión. Iso si, segue con esa afección e non deixa de comprar algunhas cada vez que vai a Nova York, aínda que a estas alturas xa as comeza a regalar. Carrascal iniciaba coa súa conferencia o ciclo Xornalismo do Século XXI no Centro Social Caixanova en Pontevedra. Os seguintes xornalistas serán Luis del Val, Rosa María Mateo e Fran Sevilla.

    Redacción Salnés