En Común aposta por reducir o impacto ambiental das explotación mineiras

LOUSAME> Membros da candidatura de En Común visitaron a balsa mineira de San Finx en Lousame. Xunto con responsables das plataformas contra a mina do Touro, incidiron no importante risco medioambiental que supoñen estas explotacións que incumpren coa normativa vixente.

O impacto ambiental da actividade mineira en Galicia ocupa un lugar destacado no programa electoral de En Común Podemos. A candidata ó Senado, Vanessa Angustia, e a eurodeputada Sira Rego, visitaron a balsa mineira de San Finx. Alí advertiron dos riscos dun posible colapso da balsa que, denuncian, traerían consecuencias nefastas para a ría de Muros Noia.

Este e outros casos como o da mina de Touro debateranse a vindeira semana no Parlamento Europeo a petición dos colectivos medioambientais que denuncian o reiterado incumprimento da lexislación vixente.

Ademais da vulneración da lei, dende a formación política destacan a falla de transparencia na fase de exposición pública deste tipo de proxectos.