NOIA> Os afeccionados ó mundo do cicloturismo terán unha cita o vindeiro domingo 9 de marzo coa disputa da undécima edición da BTT Ría de Noia.
A proba, presentada esta mañá no Concello, está organizada polo Club Ciclista Toxo.
Como nas anteriores edición terá un carácter lúdico e non competitivo, con tres distancias: de 25, 40 e 55 quilómetros.
A saída da proba está prevista para as nove da mañá dende Labarta
A proba conta un ano máis coa colaboración do Concello, de onde animan a participar nela.
As inscricións estarán abertas ata o vindeiro mércores día 5 a través da web de galitiming.
Dende a organización confían en acadar ese día os 400 participantes, unha cifra semellante á da última edición.








