RIBEIRA> Un total de catro funcións integran este ano a XV edición da Mostra de Teatro Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño.
Desenvolveranse ó longo deste mes de novembro e a primeira fin de semana de decembro. A primeira delas xa este sábado a cargo do grupo Charamela de Melide coa obra ‘Quen o diría!’.
A entrada a tódalas función será de balde, pero como en edicións anteriores terá un fin solidario,este ano destinada a recoller donativos para os damnificados pola dina de Valencia.
As funcións serán ás oito da noite no conservatorio.
Dende a entidade organizadora quixeron agradecer tamén a colaboración de diversas entidades que coas súas aportacións fan posible a realización da Mostra, como é o caso da concellería de Cultura, a Deputación da Coruña e diferentes empresas e negocios locais.











