A terceira reunión da Mesa do Viño de Rías Baixas remata sen acordo

    terceira_mesa_Vinocopy.jpgPONTEVEDRA> Aínda que se achegaron posturas, informaron desde a Xunta, cooperativas, produtores e adegas reuniranse de novo a comezos de maio.

    {flowplayer}images/salnes/MESA_VINO_230412.flv{/flowplayer}

    A Delegación da Xunta en Pontevedra volveu a selo escenario para a celebración da terceira Mesa do Viño da DO Rías Baixas na que se debateron, unha vez máis, as propostas individuais e colectivas presentadas, en relación ó prezo da uva e ó prazo de pago ós produtores. Todo co obxectivo de establecelas bases para a posta en marcha dun novo contrato homologado para os vindeiros tres anos.

     Ante a falta dun acordo definitivo, os representantes do sector, onde tamén se atopaba o Consello Regulador, terán que reunirse de novo a comezos do mes de maio. Unha vez máis o punto de inflexión estivo á hora de fixar un prezo base para a uva.

    Aínda así, dado que nesta ocasión os prezos da uva irán ligados ó volume de produción da colleita, desde Unións Agrarias sinalaron que poderían aceptar a baixada do prezo o primeiro ano pero non para as vindeiras tres campañas. O que si aceptaron foi que a medida que aumente a produción, o prezo da uva baixará. O problema radicou, coma diciamos, en fixar unha base.

    Así mesmo, desde Unións Agrarias acusaron ás adegas de levalas ‘cartas marcadas’ á Mesa do Viño para condicionar a negociación cara os seus intereses.

    Pola súa banda, desde o Sindicato Labrego Galego consideraron que se avanzou moito con esta xuntanza e que se está moi preto de acadar un acordo. Así mesmo, valoraron que non é o momento, dado a situación actual, para subilos prezos.

    Desde a Xunta de Galicia tamén expresaron o seu convencemento de que en breve se chegará a un acordo definitivo entre as partes que estableza as bases duns novos contratos homologados.

    Redacción Salnés