Comeza a Festa do Marisco coa celebración do Día de Portugal

    diadeportugal_100_051006.jpgO GROVE > O Grove celebrou o Día de Portugal coa sinatura dun convenio de colaboración institucional coa Cámara Municipal de Vila Verde.

    Arrancan así oficialmente 10 días de festa, do 5 ó 15 de outubro, enturbados polas consecuencias do temporal, que obrigou a suspender un dos actos da mañá ó non ter rematada a recolocación da carpa estragada.

    A mediodía, os operarios apuraban os traballos na Praza do Corgo para poder ter listas as carpas estragadas polo vento o pasado luns e baixo as que miles de comensais degustarán as variedades de marisco previstas pola organización. Debido a este imprevisto, non foi posible inaugurar a carpa- exposición MAR ADENTRO e tamén se pospuxo a presentación da publicación ‘O Grove, unha vila mariñeira’. 

    Mentres, no concello, tiña lugar a sinatura dun convenio de colaboración institucional coa Cámara Municipal de Vila Verde, en Portugal. TOTAL

    O Día de Portugal supón un dos primeiros eventos da Festa do Marisco e ámbolos dous alcaldes compartiron agasallos: o rexedor meco entregou unha insignia de ouro e unha reproducción da familia mariñeira que preside o Porto, ademais do libro que recolle a historia dos grovenses. Pola súa banda, o rexedor de Vila Verde entregou ó concello unha insignia do concello e un lenzo dos namorados. O rexedor de Vila Verde explicou cómo as mozas e os mozos se namoraban intercambiándose este tipo de panos.

    O rexedor meco explicou as similitudes que existen entre as dúas vilas: Vila Verde celebra tamén en outubro a súa festa máis importante, a da Colleita.

    Redacción Salnés