O PP vilagarcián critica a elección de León como candidato socialista

    enriqueleoncandidato_100_091006.jpgVILAGARCÍA > Enrique León foi ratificado xa pola asemblea local de Vilagarcía como o candidato ás vindeiras municipais.

    A asemblea extraordinaria do PsdeG-PSOE vilagarcián tiña como único punto do día o referido ó candidato, que se achegou ata a sede socialista a última hora para agradecerlle ós militantes a confianza depositada nel. Anque as críticas non tardaron en chegar e esta fin de semana o PP vilagarcián criticaba a elección do candidato socialista. Na asamblea na que se ratificou a Enrique León como candidato socialista oíronse algunhas críticas pola forma de elección.

    Críticas do PP

    Unhas críticas que aproveitou o Partido Popular para denuncia-la falla de democracia que, ó seu ver, hai no seo do Psoe local que obrigou a votar a man alzada para impedir que os descontentos puidesen rexeitar ó candidato imposto pola dirección galega. Ademais os populares aseguran que o actual grupo de goberno está máis pendente de atopar un oco na lista de León que de face-lo seu traballo, o que provocou un baleiro de poder. Outra das críticas fai referencia á convocatoria de 40 prazas de traballo no Concello polo sistema de concurso-oposición, que da vantaxas a quen xa as está cubrindo.

    Contestación

    O goberno vilagarcián contestou a estas acusacións asegurando que nunca houbo un problema coa convocatorias dese concello, ó revés do que ocorre nos gobernados polo PP. Tamén recorda que o propio Fole suspendeu un exame para unha praza, polo que pode dar boa fe da xustiza dos tribunais. Sobre a elección de Enrique León os socialistas consideran esperpéntico que o PP cuestione o seu sistema e destacan cualidades do seu candidato como a toleracia e o respecto que impedirán que nunca discrimine a ninguén por razóns de sexo ou embarazo, en clara referencia ás acusacións feitas contra Fole por membros do seu partido. Tamén negan que exista un baleiro de poder e aseguran que o único que está empregando o seu tempo en soluciona-lo seu futuro persoal e profesional político é Fole.

    Redacción Salnés