Visos de solución os vertidos do Umia

    CAMBADOS> A estación de bombeo de agua de O Piorno, no termo municipal de Cambados, estase a facer famosa nas últimas semanas, polos continuos vertidos que están a realizar nas augas que se unen cas do río Umia.

     

    A estación de bombeo de O Piorno ten dous desaugadoiros, entre Oubiña en Cambados, e o de Cabanelas en Ribadumia, que cada día verten residuos industrias as augas… unhas prácticas penadas por lei.

    O problema identificado por Augas de Galicia, e recoñecido nun informe, responde a que a pesar de que a depuradora de Ribadumia é nova a estación de bombeo de O piorno é máis antiga… e non da abasto, ademáis de outros detalles que recoñeceu o presidente en funcións da Mancomunidade de O Salnés.

    Gonzalo Durán admitiu durante a su declaración a os medios que este problema deben solucionalo primeiramente os concellos afectados e se non delegar na Mancomunidade.

    Tras localizar o foco do problema, agora só queda esperar a determinar o custo do arranxo dos mesmos e determinar cales son as empresas que están incurrindo nun delito. Dende a Mancomunidade recoñeceron que dúas empresas xa están localizadas e que están esperando os resultados dun informe para determinar se hay máis. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/duran_vertidos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/duran_vertidos.mp4{/flowplayer}